
De cando en vez, un, levado polos seus propios pensamentos, perde a noción do espazo e do tempo.Tal que asi acontecéulle a un bó amigo certo dia, no que absorto, camiñou e camiñou sen rumbo fixo, ata que a noite pechada sorprendeuno no parque forestal de Bembrive.
O meu amigo, afouto e lanzal, era home feito e dereito.Acostumado as andainas po-las beiras do río Eifonso, coñecía os camiños coma a palma da sua man.Rubía polos penedos coma as cabras, quizáis porque o seu nacemento tivo lugar na parroquia de Cabral.Sentía o latexo da terra coma de seu.Pero aquela noite, sen luz algunha, arrodeado polos troncos foscos das árbores, algo impoñíase-lle no corazón.Tentou manterse calmo e aguzóu o seu oído na procura dalgún son que lle permitira adiviñar o camiño de volta.Ouvíu o ulular do vento, os "uh-uhs" das mouchas e o serpear dos animais no chan.Ó pouco chegóulle un cheiro como de porco e un arrepío recorréulle as costas, poñendo de punta os poucos cabelos que lle quedaban na testa.Recordóu a lenda do xabarín asasino e botóuse a correr coma un tolo levando por diante xestas, fentos e fermosos exemplares de carballos xoves, prantados pola Asociación Naturista a que pertencía.O medo levantábao no ar como si voara, crindo escoitar os gruñidos do xabarin perseguindo-o.
De súpeto decatóuse que estaba nunha pista forestal, alumeada polo ceo cheo de estrelas titilando.Correu cara abaixo, onde divisóu as luces das primeiras casas.Na sua aloucada carreira caeu en varias ocasións, e os derradeiros metros ata as casas fíxoos arrebolos.Non parou ata achegarse ó portalón que daba a sua finca, pechándo-o con tódalas suas forzas unha vez considerouse a salvo.Demoróuse en recupera-lo alento e a normalidade dos latexos do seu corazón, axexando por si vira ó porco bravo, pero non apareceu.Adentróuse na finca pasado un tempo, abreu a porta de corredeira da casa e no fogar atopou a sua muller, abraiada ó ver o seu home ca roupa estragada e ainda co medo no corpo.Contóulle a aventura e éla, lonxe do que él esperaba, botóuse a rir dobrándose pola mitade.Ó meu amigo, ultraxada a sua dignidade, non lle quedou máis remedio que ir ao cuarto de aseo a limparse e despóis, dubidoso do acontecido, marchar para a cama a deitarse.
A mañán seguinte, cando se ergueu da cama e foi toma-lo almorzo, a sua dona recibíuno cun sorriso socarrón na solaina.Estaba visto que tiña que aguantar as suas chanzas todo o dia.Mais de seguido, a muller foi na procura dunhas cebolas, leitugas e tomates á leira, e a faciana mudóuselle ó ver os estragos feitos nesta, ademáis dunhas grandes pegadas de xabarín na terra.Corréu cara a casa coma si vira mismamente ó demo, e desta volta tocóulle rir ó meu amigo.
Copyright O Bispo
Edicions bilingües Feijoo10
Ano 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario